martes, 11 de junio de 2013

FOLGA XERAL 12 XUNIO- FERROL




12/6/2013: DEFENDAMOS NAVANTIA !NON PASARÁN!

Republicanos, federación de organizacións republicanas e de esquerdas cuxo obxectivo é a construción da Terceira República Federal, Popular e Democrática, e Nuevos Republicanos 1905'Club de opinión política', queremos manifestar en primeira instancia o noso firme apoio a esta xornada de loita, que se encadra nunha constante resistencia das clases obreira e populares ante o pulso do actual réxime económico e político.
 
En interese exclusivo da troika europea a reestruturación do sector naval é unha clara perda do estatal en mans da privatización, cuxos resultados son nefastos. Implica unha ampla perda de postos de traballo, e non en menor medida implica perda de soberanía e unha mala xestión dos recursos. O que nós propoñemos, é a nacionalización dos sectores económicos claves, xa que os bens do país serán explotados para investir na nosa saúde, na nosa educación, en vivendas para toda a poboación, é dicir, en todo aquilo que nos están a quitar para manter o seu propio beneficio.

Ante este agravamento xeneralizado é necesario articular unha Fronte Ampla de Esquerdas que teña como primeiro obxectivo a dimisión da actual Executiva que non defende as necesidades xerais dos traballadores, desempregados, das mulleres e da xuventude. Esa Fronte loitará por un proceso rupturista que alcance unha Terceira República do pobo e para o pobo.

Asinan:
Republicanos - Galicia
Nuevos Republicanos 1905 ‘Club de Opinión Política’

1 comentario:

  1. Ciudadano gallego:
    Espero verte en Ferrol mañana, España, Galicia y Ferrol y su comarca, te necesita, todos y cuantos más estemos en Ferrol, mejor, tenemos que demostrar a la Troika, a la Xunta y al Gobierno de España, que Ferrolo, no esta solo que todos los gallegos estamos con ellos, deja lo que tengas que hacer, y vente a Ferrol, hoy por el Naval, mañana por ti. Gracias anticipadas por participar en la huelga. fdo R. isasi

    ResponderEliminar