Xosé Mexuto Xornalista
04 de xullo do 2013
Sei
que me habedes chamar inxenuo, friki ou cousas piores (ou talvez non, que mal
pensado son), mais teño para min que unha República da Galiza non tería a menor
dúbida á hora de dar asilo a Edward Snowden.
Gandhi
non quería que a India independente reproducise as pautas de conduta da
metrópole británica. Non lle interesaba unha India independente á inglesa. A
República da Galiza non se comportará, cando nacer, como os Estados da UE, como
Franza, Italia, Alemaña ou España, fámulos axeonllados perante Washington. En
realidade, isto que escrebo é pura metafísica: a República da Galiza ou será
anti-imperialista, isto é, nada da derrota de deseños imperiais, ou non será.
Snowden
é, como di seu pai, un patriota, na esteira de Thomas Paine, un dos
revolucionarios independentistas que criaron os EUA no combate contra o daquela
Imperio británico. Patriota é aquel que defende o seu país dun goberno inxusto.
O home que ía fechar Guantánamo (e ao que se lle outorgou o Premio Nobel da Paz
con carácter preventivo!!!) acabou por enclaustrarnos a todas e todos nun campo
de concentración planetario en que todas as nosas comunicacións son susceptíbeis
de seren espiadas polo Pentágono, coa cumplicidade activa de Bill Gates e
demais magnates da Internet, segundo puidemos ler nun xornal tan reputado como
The Washington Post.
A
persecución a Snowden é un símbolo. Da opresión imperial sobre os pobos, sobre
gobernantes tan dignos como Evo Morales, maltratado polas sucursais europeas de
Washington, España á cabeza delas, e tamén da opresión sobre as persoas.
Snowden sería moi ben recibido nunha Galiza independente e soberana.
Fuente: http://www.sermosgaliza.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario